Ossobuco de poldro galego 100×100 raza autóctona á laranxa

Ingredientes (para 2 persoas)

  • 4 pezas de ossobuco de poldro galego 100×100 raza autóctona
  • 10 patacas pequenas
  • 1 cebolla
  • 1 pemento vermello
  • 1 pemento verde
  • 2 laranxas de zume
  • 500 g de maicena
  • Viño branco
  • Aceite de oliva virxe
  • Sal

Seguro que nunca pensaras en preparar unha receita de ossobuco de poldro galego á laranxa. Son sabores que a priori parecen afastados, verdade? Para nada, combinan á perfección. Colle lapis e caderno e disponte a tomar nota.

Modo de preparación:

  1. Douramos as pezas de ossobuco de poldro nunha cazola cun chorro de aceite de oliva virxe. Sacamos e reservamos.
  2. Na mesma cazola, botamos cebola, pemento vermello e pemento verde partidos e facemos un rustrido. Isto levaranos uns 10 minutos.
  3. Volvemos engadir as pezas de ossobuco, rustrimos un par de minutos e salpementamos ao gusto.
  4. Botamos un par de vasos de viño e o zume de laranxa. Nesa mesma mestura botamos as patacas pequenas. Deixamos cocer durante uns 30-35 minutos. Iremos controlando que a carne e as patacas estean tenras.
  5. Para empratar collemos a peza de ossobuco e colocámola no prato. Ao redor colocamos unhas cantas patacas. Cunha culler, botamos un pouco do mollo da cocción por enriba.

O resultado será delicioso. Xa verás!