Ingredientes (para 2 persoas)
- 4 pezas de ossobuco de poldro galego 100×100 raza autóctona
- 10 patacas pequenas
- 1 cebolla
- 1 pemento vermello
- 1 pemento verde
- 2 laranxas de zume
- 500 g de maicena
- Viño branco
- Aceite de oliva virxe
- Sal
Seguro que nunca pensaras en preparar unha receita de ossobuco de poldro galego á laranxa. Son sabores que a priori parecen afastados, verdade? Para nada, combinan á perfección. Colle lapis e caderno e disponte a tomar nota.
Modo de preparación:
- Douramos as pezas de ossobuco de poldro nunha cazola cun chorro de aceite de oliva virxe. Sacamos e reservamos.
- Na mesma cazola, botamos cebola, pemento vermello e pemento verde partidos e facemos un rustrido. Isto levaranos uns 10 minutos.
- Volvemos engadir as pezas de ossobuco, rustrimos un par de minutos e salpementamos ao gusto.
- Botamos un par de vasos de viño e o zume de laranxa. Nesa mesma mestura botamos as patacas pequenas. Deixamos cocer durante uns 30-35 minutos. Iremos controlando que a carne e as patacas estean tenras.
- Para empratar collemos a peza de ossobuco e colocámola no prato. Ao redor colocamos unhas cantas patacas. Cunha culler, botamos un pouco do mollo da cocción por enriba.
O resultado será delicioso. Xa verás!