Filloas con carne de poldro mechada 100×100 raza autóctona

Ingredientes

  • Filloas
  • 2 lombos de poldro galego
  • Cebola
  • Allo
  • Pemento
  • Coandro
  • Lima

Gústanche as filloas? Nesta receita imos ensinarche como aproveitar esta rica receita galega engadíndolle un recheo con carne de poldro mechada

Modo de preparación:

  1. Collemos os lombos de poldro e colocámolos nunha pota express cunha cebola cortada en dous anacos e un par de dentes de allo. Botamos sal e cubrimos de auga. Cociñamos durante uns 45 minutos
  2. Sacamos a carne, escorrémola e reservamos o caldo.
  3. A continuación esmiuzamos a carne coas manos.
  4. Picamos unha cebola e un pemento. Botamos un chorro de aceite de oliva no fondo dunha pota, engadimos a cebola e o pemento e rustrimos durante 10 minutos.
  5. Engadimos a carne de poldro, sal e pementa. Removemos todo.
  6. Engadimos o caldo da carne e deixamos en cocción durante media hora, máis o menos.
  7. Collemos unha filloa, botamos a carne, engadimos coandro, un chorro de lima e pechamos, coma se fose unha “fajita”.

E iso é todo. Hora de comer!  E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.