Empanada de carne de poldro galego 100×100 raza autóctona

Ingredientes

Para a masa

  • Manteiga
  • Fariña
  • Auga
  • Ovo
  • Sal
  • Pementa
  • Fermento

Para a carne

  • 1 kg carne de poldro picada
  • 1 pemento
  • 1 cebola grande
  • Sal
  • Pementa
  • Fermento
  • 10 dentes de allo
  • Aceite de oliva
  • Caldo de carne

A empanada é un imprescindible da nosa gastronomía. Probaches algunha vez a empanada de carne de poldro? Mostrámosche como preparala paso a paso.

Modo de preparación:

  1. Comezamos pola masa. Botamos fariña nun bol. No centro do bol facemos un buraco cunha culler.
  2. Disolvemos o fermento en auga morna. Deixamos repousar e agardamos un par de minutos para que se disolva por completo.
  3. Botamos a mestura de auga e fermento no centro da fariña e comezamos a remover do centro cara a fóra ata que se formen faragullas. Botamos sal. Seguimos revolvendo ata que quede unha masa.
  4. Sacamos a masa do bol e seguimos amasando durante uns 15 minutos.
  5. Volvemos meter a masa no bol e reservámola na neveira durante un par de horas.
  6. Aproveitamos este momento para ocuparnos do recheo da empanada. Partimos a carne de poldro en anacos pequenos, salpementámola e botámola nunha pota cun pouco de aceite de oliva. Douramos a carne e retirámola.
  7. Picamos fino a cebola, o pemento e o allo e botámolo na mesma pota na que fixemos a carne. Rustrimos todo durante uns 10 minutos. Lume medio.
  8. Cando a verdura estea dourada incorporamos a carne de poldro de novo e rustrimos outros 10 minutos a lume forte.
  9. Engadimos o caldo de carne e deixamos estofar a carne a lume lento durante un par de horas. Non te esquezas de tapar a pota.
  10. Volvemos á masa. Sacámola da neveira e amasámola durante uns 8 minutos.
  11. Collemos o molde e untámolo con manteiga.
  12. Collemos un anaco da masa e aplanámolo cun rodete. Enchemos coa carne de poldro galego. Collemos outro anaco, aplanámolo e cubrimos, unindo as dúas masas. Se nos sobra algún anaco de masa podemos facer algún motivo na parte superior.
  13. Pintamos a parte superior da empanada con xema de ovo batida.
  14. Prequentamos o forno a uns 180º durante 10 minutos.
  15. Metemos a empanada e deixámola a 180º durante máis ou menos 45 minutos. De todos os xeitos, vixía de cando en vez para ver que se estea facendo ben.

Listo! Só queda deixala repousar uns minutos e despois xa poderás gozala.  E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.