Carne de poldro asada

Ingredientes
(4 persoas)

  • Agulla de poldro galego 100×100 raza autóctona (1 kg)
  • 3-4 cenorias
  • ½ kg de fabas verdes
  • 1 cebola
  • 300 g de cogomelos de tempada
  • Romeu
  • 1 tomate
  • 8-10 dentes de allo
  • 2 vasos de viño branco
  • Aceite de oliva
  • Sal
  • Pementa
  • 4 patacas grandes (para puré)
  • 100 ml de leite

Modo de preparación:

  1. Cortamos a agulla de poldro en anacos pequenos e salpementamos.
  2. Nunha tixola botamos un chorriño de aceite de oliva e douramos a carne.
  3. Lavamos, pelamos e partimos a cebola, os allos, as cenorias e o tomate. Botámolos nunha tarteira con aceite de oliva e refogamos durante uns 5 minutos.
  4. Incorporamos as fabas e refogamos a lume medio 2 minutos máis.
  5. A continuación incorporamos os cogomelos previamente lavados e partidos. Seguimos refogando outros 3 minutos.
  6. Colocamos a carne na tarteira e removemos todo durante un minuto.
  7. A continuación botamos 2 vasos de viño branco, removemos e deixamos que se cociñe a lume medio durante uns 20-30 minutos. Se vemos que o viño se evapora demasiado pronto, corrixiremos cun vaso de auga.
  8. Para facer o puré lavamos, pelamos e troceamos catro patacas grandes.
  9. Botámolas nun cazo con auga e sal e fervémolas durante media hora.
  10. Retiramos as patatas e pasámolas polo pasapuré. Engadimos manteiga.
  11. Quentamos leite unnha cazola.
  12. Engadimos 100 ml de leite ás patacas e removemos ata que teña a textura axeitada.
  13. Tras media hora a carne xa estará lista e poderemos empratar. Primeiro cubrimos un lado co puré de pataca facendo forma de media lúa. Logo imos cubrindo o que falta coa carne de poldro asada.

E feito isto, só queda gozar!  E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.