Solombo de poldro galego 100×100 raza autóctona con castañas

Ingredientes (para 4 personas)

  • 2 solombos de poldro galego
  • 400 g de castañas
  • 1 cebola
  • 8 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • Romeu
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva virxe

Imos cunha rica suxerencia outonal: solombo de poldro con castañas. Se te manexas ben co forno, esta receita resultarache moi sinxela. Vexamos como se prepara.

Modo de preparación:

  1. Comezamos bridando a carne de poldro co romeu. Facémolo cun cordón de cociña. Este paso é opcional pero axudaranos posteriormente para realizar os cortes.
  2. Salpementamos ao gusto e enzoufamos a carne con aceite de oliva virxe. Estendemos o sal e a pementa por toda a carne.
  3. Nunha bandexa para o forno, colocamos cebola picada á xuliana, os dentes de allo picados e as castañas.
  4. Colocamos a carne unha bandexa e botamos un vaso de viño.
  5. Metémola no forno prequentado a 200º.
  6. Deixamos que se ase durante 10-15 minutos. Despois baixamos a 180º e seguimos asando durante outros 30 minutos. Dámoslle a volta á carne cando pase a metade deste tempo.
  7. Unha vez estea lista, sacamos a bandexa e deixamos repousar uns minutos.

Para a presentación, cortamos os solombos en sentido transversal, colocámolos no prato e colocamos á beira un par de castañas. Cunha culler, botamos a salsa resultante da cocción no forno.  E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.