Ingredientes
- Filloas
- 2 lombos de poldro galego
- Cebola
- Allo
- Pemento
- Coandro
- Lima
Gústanche as filloas? Nesta receita imos ensinarche como aproveitar esta rica receita galega engadíndolle un recheo con carne de poldro mechada
Modo de preparación:
- Collemos os lombos de poldro e colocámolos nunha pota express cunha cebola cortada en dous anacos e un par de dentes de allo. Botamos sal e cubrimos de auga. Cociñamos durante uns 45 minutos
- Sacamos a carne, escorrémola e reservamos o caldo.
- A continuación esmiuzamos a carne coas manos.
- Picamos unha cebola e un pemento. Botamos un chorro de aceite de oliva no fondo dunha pota, engadimos a cebola e o pemento e rustrimos durante 10 minutos.
- Engadimos a carne de poldro, sal e pementa. Removemos todo.
- Engadimos o caldo da carne e deixamos en cocción durante media hora, máis o menos.
- Collemos unha filloa, botamos a carne, engadimos coandro, un chorro de lima e pechamos, coma se fose unha “fajita”.
E iso é todo. Hora de comer! E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.