Ingredientes
(2-4 persoas)
- 2 filetes de croca de poldro galego
- 15-20 tomates cherry
- 4 follas de salvia
- 2 ollos de leituga
- Aceite de oliva
Gústache a croca? Esta receita de croca de poldro á prancha condimentada con salvia e acompañada de tomates cherry non te vai deixar indiferente. Pon o prancha a quentar!
Modo de preparación:
- É importante sacar a carne de neveira polo menos unha hora antes de preparala e deixámola a temperatura ambiente.
- Poñemos ao lume unha prancha e botámoslle un chorriño de aceite de oliva virxe extra. A prancha debe estar moi quente antes de colocar a croca de poldro galego sobre ela.
- Machacamos as follas de salvia ata facer un po un pouco espeso.
- Empoamos a salvia polos dous lados dos filetes de croca.
- Cando a prancha estea o suficientemente quente colocamos os filetes de croca de poldro encima. A preparación deste tipo de carne é volta e volta. Un minuto por cada lado. Marcaremos a carne por fóra e deixarémola tenra e zumarenta por dentro.
- Colocamos a croca de poldro nunha bandexa e cortámola en varios anacos facendo cortes transversais. Salpementamos ao gusto.
- Na mesma prancha colocamos unha restra de tomates cherry. Pasarémolos durante uns 5 minutos. Retirámolos e colocámolos na mesma bandexa que a carne.
Mantén a prancha acesa para que cada comensal poida axustar a preparación da carne aos seus gustos persoais.
Bo proveito! E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.