Ingredientes
(4 persoas)
- 400 g de solombo de poldro galego
- 3-4 culleradas de alcaparras
- 150 g de follas de rúcula
- 150 g de queixo parmesano
- Sal
- Pementa
- Aceite de oliva virxe extra (opcional)
O carpaccio é un prato de orixe italiana cuxa popularidade vai en aumento desde hai un tempo. As razóns? É un prato san e de fácil preparación. Consiste en carne crúa aderezada con algúns elementos, o queixo uno dos máis importantes. Aquí vai a nosa receita de carpaccio de poldro caseiro.
Modo de preparación:
- Cortamos os solombos moi finos (se o solombo está conxelado seranos moito máis doado cortalo finiño).
- Colocamos os cortes do solombo de poldro no prato, ocupando toda a superficie dispoñible
- Salpementamos ao gusto.
- Engadimos as alcaparras, a rúcula e o queixo parmesano relado sobre a carne.
- Opcionalmente podemos botar un chorriño de aceite de oliva virxe extra para darlle un toque diferente.
E listo. Xa tes un aperitivo rico, san e de doada preparación para os teus convidados. E lembra que na nosa páxina podes coñecer máis receitas, descubrir todo sobre as propiedades da carne de poldro e coñecer o seu corte e despezamento.