Propiedades da carne de poldro galego

Coñeces as propiedades da carne de poldro galego? A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas), necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.

Todos os nosos poldros críanse en liberdade nos montes galegos, o que asegura o benestar do animal e conforma o Selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de Pura Raza Galega. Por tanto, a nosa carne é un produto de calidade, sostible e de produción local; que promove a continuidade de razas autóctonas e axuda a conservar o noso patrimonio gandeiro xeración tras xeración.

Qué propiedades ten a carne de poldro?

A carne de poldro galego 100% Raza Autóctona é unha carne rica en ferro hemo, Omega-3, vitamina B e fonte importante de fósforo, magnesio, zinc e cobre.

  • Ferro. Fundamental para o crecemento do corpo e para a fabricación de hemoglobina e mioglobina, proteínas que contribúen á chegada de osíxeno a todo o organismo. Un déficit de ferro pode levarnos a síntomas como cansazo, desánimo, falta de concentración ou anemia. O ferro hemo é o que procede dos alimentos de orixe animal. Este tipo de ferro é o máis asimilable, calcúlase que é entre 2 e 6 veces máis biodispoñible que o ferro non hemo, o cal podemos atopar nos vexetais (legumes, froitos secos..).

  • Omega-3. Reduce o colesterol LDL, o coñecido como colesterol malo. Ao ser unha graxa poliinsaturada ten un efecto antiinflamatorio, polo que é un gran aliado na prevención de enfermidades cardiovasculares. Ademais, é importante para un bo rendemento físico.

  • Vitamina B1. Implicada no metabolismo dos hidratos de carbono e os aminoácidos.

  • Vitamina B2. Participa na produción de glóbulo vermellos, anticorpos e mantén algúns tecidos do noso corpo.

  • Vitamina B3. Implicada no metabolismo de nutrientes e coa respiración tisular.
  • Vitamina B6. Relacionada coa formación de hormonas entre outras funcións.

  • Vitamina B12. Participa no metabolismo das graxas e é imprescindible para a formación de proteínas.

  • Fósforo. A súa principal función é a formación de ósos e dentes e ten unha función fundamental na produción de proteínas para o crecemento e reparación de tecidos. Tamén ten un rol importante no uso que o noso organismo fai dos glúcidos e as graxas.

  • Magnesio. Regula os niveis de azucre no sangue e a presión sanguínea. Tamén é importante na regulación de certas funcións musculares e nerviosas e contribúe á formación de proteína, masa ósea e ADN.

  • Zinc. Contribúe ao bo funcionamento do noso sistema inmunitario.

  • Cobre. Fundamental para o crecemento na infancia, o fortalecemento do sistema óseo, o transporte de ferro no sangue e o desenvolvemento cerebral, entre outros.

Valor nutricional da carne de poldro

virtude orixe desktop

Enerxía (Kcal.)

Humidade (%)

Proteínas (g)

Colesterol (mg)

Graxa (g)

vaca
Vaca

129-150

53-74

15-21

65

13-28

cerdo
Porco

151

52-74

14-20

60

23-32

caballo
Poldro

107-121

73-75

21-23

20

1-3

galiña
Galiña

112-124

75

20-22

78

11

cordero
Ovella

121-216

58-65

15-20

70

16-26

nina
CARNE DE POLDRO PARA NENOS
A carne de poldro galego 100% raza autóctona, ao tratarse dun produto con menor contido en graxa e alto valor proteico, resulta ideal como complemento para a alimentación de nenos e nenas, e totalmente compatible coas necesidades propias da súa fase crecemento. Por outra banda, aos nenos resúltalles máis doado para comer xa que, debido á menor cantidade de coláxeno muscular mastígase e dixírese mellor que outras carnes de consumo habitual.
Trátase dunha carne rica en ferro, zinc, fósforo e cobre, elementos moi importantes no desenvolvemento e o crecemento dun neno. Ademais, o seu baixo contido graxo axuda a previr a aparición dun colesterol alto na infancia que podería incrementar o risco de desenvolvemento dunha enfermidade cardíaca, un accidente cerebrovascular ou outras enfermidades.
embarazada
CARNE DE POLDRO PARA EMBARAZADAS
A carne de poldro galego 100% raza autóctona é, sen dúbida, un alimento ideal para as mulleres embarazadas. Debido ás esixencias desta etapa, a súa baixa cantidade en graxas combinada co seu alto valor proteico e a súa riqueza en ferro asimilable, resulta un alimento saudable e, á vez, o mellor complemento para as diferentes fases do embarazo.
A carne de poldro axuda a baixar os niveis do colesterol e prevén a anemia durante esta etapa. Ademais, resulta ideal para todo tipo de persoas que sufran sobrepeso, cuestión habitual e natural durante ese período.
fitness
CARNE DE POLDRO PARA DEPORTISTAS
A preocupación por conseguir e manter un bo estado de forma e de saúde estendeuse á gran maioría da sociedade. A práctica habitual de deporte ten grandes beneficios a nivel físico, intelectual e psicosocial, razón pola que se recomenda a calquera idade. Calquera deportista, sexa cal for o seu nivel, debe basear a súa planificación en tres elementos básicos: adestramento, unha boa xestión do descanso e unha alimentación adecuada.
A carne de poldro galego 100% raza autóctona supón, polo seu baixo contido en graxas, o seu alto valor proteico e a súa riqueza en ferro hemo (o que mellor asimilamos) un alimento ideal para as persoas deportistas, xa que contribúe ao seu rendemento e á recuperación muscular despois do traballo físico.
saude
CARNE DE POTRO PARA LA ANEMIA
A carne de poldro galego 100% raza autóctona resulta un alimento ideal para as persoas que padezan anemia ou ben sufran o risco de padecela, ben sexa por atoparse en situación de embarazo, enfermidades crónicas, tratamentos agresivos como quimioterapia ou radioterapia ou ben por padecer problemas de intolerancia a proteínas que proveñen doutros tipos de carnes
O seu alto valor proteico, o seu baixo contido en graxas, a súa maior porcentaxe de ácidos graxos Omega-3, a súa riqueza en ferro hemo (o que mellor asimilamos) e vitaminas B axudan a corrixir este problema de saúde. Ademais, trátase dunha carne suave e de fácil dixestión.

Características da carne de poldro galego

SABOR E TEXTURA

O sabor da carne de poldro galego 100% raza autóctona é adozado e moi agradable debido ao seu alto contido en glicóxeno. Pero pode variar moito segundo a forma en que a cociñemos e, como veremos máis adiante, é un produto moi versátil que dá moi bos resultados baixo calquera modo de preparación culinaria.

A textura é tenra debido ao seu baixo contido en coláxeno, o que facilita a dixestión. A súa cor é bastante rosada debido á alta vascularización muscular e a elevada cantidade de mioglobina, un pigmento presente na carne que confire a característica cor vermella.

CORTE

O corte da carne de poldro galego 100% raza autóctona é moi parecido ao que se aplica na carne de vacún. Desta forma, a costeleta, o entrecosto e o solombo son as pezas que mellor resultado dan á prancha ou á brasa.

Contamos tamén con filetes de primeira de pezas como a cadeira e o corte redondo. Da faldra, a pa, o ossobuco ou a agulla podemos facer suculentos guisos, entre outras preparacións.

Consulta a nosa sección de DESPEZAMENTO para ampliar información. Tampouco perdas a nosa sección de RECEITAS para descubrir como preparar carne de poldro de diferentes maneiras.

somos galegos dark
Raza Autóctona 100%. Cabalo de Pura Raza Galega