Dende Octubre de 2019 o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación otorgoulle a PURAGA o uso do logotipo 100×100 raza autóctona.
O cabalo de Pura Raza Galega é parte do patrimonio nacional, a súa cría en extensivo e a súa sostenibilidade co medio ambiente fai que teña consecuencias moi beneficiosas para os nosos montes, así como a súa repercusión no mundo rural, cultural e social de Galicia.
«Detrás de cada producto 100% raza autóctona hai unha historia 100% nosa»
Os consumidores demandan, cada vez máis, unha maior información da orixe dos productos que consumen. Mediante este logotipo certifícase a procedencia de animais de razas autóctonas, o que permite unha continuidad na súa cría e no mantemento do medio destes animais.